Mostrando entradas con la etiqueta Como organizarse?. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Como organizarse?. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de marzo de 2020

Como organizarse?

Boas....
Xa vos subín as tarefas que debedes facer para estes días. Están cada unha no apartado da materia correspondente. Buscades a etiqueta "Tarefa de..." a materia que sexa. 

Podedes engadir comentarios ou preguntas pinchando sobre "No hay comentarios". Así resulta máis interactivo.

Ben, como podedes organizar o voso traballo?

  1. Aconséllovos que cada día vos poñades a traballar no que máis vos apeteza, dedicándolle o tempo que querades. Cando vos empecedes a cansar, deixades o que estabades facendo. 
  2. Entre materias podedes distraervos un pouco. Os videoxogos e a televisión non son a mellor forma de descansar a cabeza. Mellor é falar, moverse un pouco. 
  3. Marcade o tempo de descanso e respetádeo.
  4. Non é preciso que esteades 5 horas seguidas coma no cole diante dos libros, xa que na casa o estudo adoita ser máis intenso.
  5. Irei buscando exercicios online por se queredes repasar algún aspecto, como os adverbios, conxuncións, o aparato reprodutor.... sempre son máis entretidos.

Podedes contactar comigo a través do correo electrónico. Xa verei se podemos facer unha vídeoconferencia todxs xuntxs.

Un saudiño a todxs!! Botareivos de menos!!