Boas....
Xa vos subín as tarefas que debedes facer para estes días. Están cada unha no apartado da materia correspondente. Buscades a etiqueta "Tarefa de..." a materia que sexa.
Podedes engadir comentarios ou preguntas pinchando sobre "No hay comentarios". Así resulta máis interactivo.
Ben, como podedes organizar o voso traballo?
- Aconséllovos que cada día vos poñades a traballar no que máis vos apeteza, dedicándolle o tempo que querades. Cando vos empecedes a cansar, deixades o que estabades facendo.
- Entre materias podedes distraervos un pouco. Os videoxogos e a televisión non son a mellor forma de descansar a cabeza. Mellor é falar, moverse un pouco.
- Marcade o tempo de descanso e respetádeo.
- Non é preciso que esteades 5 horas seguidas coma no cole diante dos libros, xa que na casa o estudo adoita ser máis intenso.
- Irei buscando exercicios online por se queredes repasar algún aspecto, como os adverbios, conxuncións, o aparato reprodutor.... sempre son máis entretidos.
Podedes contactar comigo a través do correo electrónico. Xa verei se podemos facer unha vídeoconferencia todxs xuntxs.
Un saudiño a todxs!! Botareivos de menos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se tes algunha dúbida, suxestión ou comentario sobre esta actividade, podes escribilo aquí.